Presentan unha campaña para promover o galego e sensibilizar contra a violencia machista

Esta iniciativa teatral que xirará por dez concellos


santiago / la voz

Promover o uso do galego e sensibilizar a sociedade contra a violencia machista, os micromachismos e a desigualdade son os obxectivos do Rueiro das liortas, a nova proposta da campaña Nós contra a violencia, que impulsa a Xunta. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron onte esta iniciativa teatral que xirará por dez concellos e coa que a Administración autónoma pretende difundir valores como o respecto e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, a través tanto das artes escénicas como da creación de material didáctico e formativo en lingua galega. «Uns obxectivos de grande importancia para a nosa infancia e mocidade que lle confiamos á compañía Elefante Elegante», sinalou García.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Presentan unha campaña para promover o galego e sensibilizar contra a violencia machista