Salienta o interese de que entre as persoas galegas e dos países lusófonos «non precisamos de intérpretes para nos entendermos. Iso é unha cousa fantástica, que abre grandes posibilidades, porque hoxe as linguas son instrumentos de economía e de cultura e todos nós temos que aproveitar esa vantaxe. O obxectivo principal da UCCLA é contribuír para o desenvolvemento sustentábel e o benestar das súas poboacións, caracterizadas por unha diversidade que supón desafíos», indica.
«A actividade da UCCLA é múltiple e multidisciplinaria: atende a cultura, as infraestruturas, apoia candidaturas internacionais e tamén se preocupa de buscar respostas ao desenvolvemento. Un tremendo desafío e prioridade da comunidade internacional está no desenvolvemento sustentábel das cidades, porque no ano 2050 un 70 % da poboación vivirá nas cidades e hai que atender situacións como o crecemento demográfico de África», afirma sobre os obxectivos do Foro da Lusofonía, que finaliza hoxe en Santiago.