A riqueza do traxe galego segue a espertar o interese dos estudosos

O certame que leva o nome de Antonio Fraguas cumpre 25 anos dando pulo a esa investigación


A Asociación do Traxe Galego segue implicada co estudo do traxe tradicional, ao que dende hai 25 anos lle dá pulo coa convocatoria do Premio Antonio Fraguas de Investigación. A nova está xa en marcha, e os interesados en mergullarse nas dúas modalidades de estudos que premia este colectivo deben de estar a piques de concluír os seus traballos, se non o fixeron xa, porque o prazo está para rematar. Faino o 30 de novembro, segundo recordou onte no Concello a entidade organizadora dun certame que conta co apoio de Raxoi e de El Corte Inglés e quen, sempre por estas datas, lembran as súas características, a modo de recordatorio para os estudosos da vestimenta tradicional galega, xa sexa de gala ou de cotío.

O premio conta con dúas modalidades. A de traballos descritivos (dotado con 600 euros), aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia coa que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, lugar de achado e de situación actual e das pezas analizadas.

A de traballos analíticos (1.200 euros) debe incidir ademais en datos sobre quen fixo o traxe, con que mecanismos, como traballaba ou en que área se distribuía a súa produción, segundo as bases que onte presentaron a presidenta da asociación, Pilar Astray; a concelleira de Cultura, Mercedes Rosón; e a responsable de Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Eva Calvo. Os premios faranse públicos o 18 de decembro.

Este é o único certame de investigación sobre o traxe tradicional que existe en Galicia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A riqueza do traxe galego segue a espertar o interese dos estudosos