Daniel Bóveda: «Hai que abordar a pobreza cun enfoque de dereitos, non de asistencialismo»

Presentó en la institución del Valedor do Pobo el informe sobre la situación en Galicia


SaNtIaGO / LA VOZ

«A pesar de certos avances na redución da pobreza severa, aínda quedan eivas que nos competen a toda a sociedade civil e aos políticos e políticas», afirmó Daniel Bóveda, vicepresidente de la Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) en la presentación del informe O Estado da Pobreza en Galicia, en la institución del Valedor do Pobo. Para avanzar más defienden que es necesario «unir sinerxias entre as oenegés, pois pensamos que a pobreza é un problema social, que a hai que abordar cun enfoque de dereitos, non de asistencialismo. A política social ten que ser transversal e implicar á consellería con ese nome, e ás de Vivenda, Cultura e outras», manifiesta Bóveda.

Propone «garantir un ingreso mínimo vital adecuado para satisfacer as necesidades básicas da persoas e da súa calidade de vida. Dito ingreso ten que existir durante a situación de necesidade obxectiva», con implicación en el empleo y en el acceso a «unha educación pública, gratuíta e de calidade, onde se promova a integración, con máis bolsas que garantan a educación nas familias vulnerables; con educadoras e educadores sociais nas escolas para potenciar as habilidades sociais do alumnado», dice.

Sostiene que «saír da pobreza con garantías obriga a promover medidas en tres ámbitos, que implican ás Administracións galega e local. En primeiro lugar, a vivenda decente é prioritaria: precisamos medidas e políticas ambiciosas e urxentes para loitar contra a exclusión residencial na que malviven o 35 % das galegas e galegos segundo o último estudo Foesa, de Cáritas, comezando pola erradicación do chabolismo e da infravivenda, que aínda persiste en Galicia. En segundo lugar, debemos seguir avanzando en accións integrais e continuadas de apoio e fomento do emprego non precario, adaptadas ás necesidades do mercado laboral, substituíndo a infinidade de medidas dispersas de escaso impacto actualmente existentes. Xa debería estar o programa da Consellería de Industria para a inserción sociolaboral para as persoas de familias de pobreza severa».

El tercer ámbito, agrega Daniel Bóveda, es que «non podemos consentir que os papeis e os mostradores sexan máis importantes que as persoas. Temos un inmenso reto urxente nas administracións públicas, autonómica e municipal, de loitar contra unha crecente e asfixiante burocracia, que sobre todo está a prexudicar seriamente ás persoas en exclusión social. Chegamos a escoitar por parte destas persoas que se refiren a esas situacións como violencia administrativa».

Daniel enfatiza asimismo que «nos últimos meses asistimos a un lamentable espectáculo político de fomento do discurso do odio, en especial contra as persoas en pobreza» y aboga por superarlo. En la sede del Valedor, EAPN expuso vídeos «que mostran a dignidade desas persoas, cada vez máis culpabilizadas. En Galicia non queremos políticos e políticas que queiran rentabilizar o odio ás persoas que máis sofren. Queremos seguir contando con deputadas e deputados que asuman a declaración institucional de hai dous anos no Parlamento de Galicia contra a erradicación da pobreza. Pedimos que sigan sen ceder ante a política de insulto e do odio ás persoas máis vulnerables, as vítimas de aporofobia, xenofobia, racismo, legetefobia ou as que negan a violencia machista», apostilla.

Las 126 entidades representadas en EAPN Galicia, resalta Bóveda, «temos interlocución lexitimada coa Xunta e coa Fegamp e hai un traballo de anos e unha evolución onde xa se demostrou que ten cabida a renovación. Se non estamos todas a oenegés xuntas na loita contra a pobreza e a exclusión, non se pode avanzar como esixe unha situación e uns problemas que afectan a tantas persoas», señala. El informe de ayer lo presentaron ante una amplia representación del Parlamento de Galicia, oenegés, colegios profesionales de educación y trabajo social, además de la valedora y personal de esta institución. «Hai moitas persoas que se implican politicamente e participan nas nosas entidades», destaca Daniel.

La valedora, Dolores Fernández Galiño, resaltó en el acto el interés de dar visibilidad a las reivindicaciones de EAPN, y avanzó que participará en su próximo encuentro, que la Rede Galega contra a Pobreza programa para la primavera próxima.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Daniel Bóveda: «Hai que abordar a pobreza cun enfoque de dereitos, non de asistencialismo»