Emotivo adeus ao repartidor de La Voz na comarca do Xallas

E. F. SANTA COMBA / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

José Pérez Redondo finou o pasado mércores aos 53 anos de idade

11 oct 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Onte foi soterrado no cemiterio parroquial de San Andrés da Pereira, no municipio de Santa Comba, José Pérez Redondo, quen fora repartidor de La Voz de Galicia, na comarca do Xallas, quen finou o pasado mércores aos 53 anos de idade. Natural de Nantón, no concello da Baña, estaba casado con María Dolores Fidalgo Gerpe e tiña dous fillos, Adán e Jéssica Pérez Fidalgo. O seu pasamento causou un fondo pesar en Santa Comba e Mazaricos, onde era moi coñecido e apreciado por cando durante moitos anos desenvolveu o traballo de reparto das subscricións de La Voz para a zona, de aí, que numerosos veciños se achegasen a darlle o seu último adeus polo tanatorio de Fontecada, e durante os actos fúnebres na igrexa parroquia de San Andrés da Pereira.