Remata a peregrinaxe teatral polo Camiño do Norte

O proxecto escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco conclúe en Santiago con funcións o venres e o domingo


O proxecto de intercambio escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, Camiño Escena Norte, obterá esta semana a súa compostela despois de ofrecer espectáculos en todas as comunidades. A última función desta primeira edición da iniciativa será, precisamente, en Santiago, este domingo día 13, na praza da Quintana -no salón Teatro en caso de chuvia-. Ás 18.30 horas, a compañía vasca Hika Teatroa representará Sagartu, un espectáculo de rúa, multidisciplinar e composto por música en directo, teatro e danza. Unha proposta que reborda humor, alegría e vitalidade repasando todos os significados que a mazá tivo en Euskadi dende os tempos do Edén ata a actualidade. A iniciativa contará con un taller, ás 12.30 horas, no Salón Teatro.

Previamente, este venres, día 11, La Tejedora de Sueños (Asturais) ofrecerá no Salón Teatro, ás 20.30 horas, o espectáculo Como ceniza blanca sobre una hoguera. As entradas son de balde previa retirada no despacho de billetes do Salón Teatro.

Camiño Escena Norte é una iniciativa impulsada polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) -patrocinadora principal das actividades que se desenvolveron en Galicia-, así como as deputacións de A Coruña e Lugo e a Fundación SGAE.

Pero Santiago, ademais de acoller dous espectáculos desta primeira edición de Camiño Escena Norte, foi escenario dunha das residencias de creación artística que se desenvolveu no marco deste programa. Durante toda unha semana en setembro, o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, acolleu á produtora galega Urdime a á asturiana El Callejón del Gato, que coproducen un espectáculo orientado aos primeiros anos da infancia. Na presentación do proxecto, hai un mes, o director da Agadic, Jacobo Sutil, destacara que na implicación da Xunta no proxecto tivo peso o feito de que se vertebrou xeograficamente a través do Camiño do Norte. Tamén incidiu en que se trata dunha iniciativa xurdida do propio sector e que a amplía as posibilidade de difusión no exterior das artes escénicas galegas.

«Hay cosas del siglo XV que, desgraciadamente, siguen pasando»

Vierne día 11 • 20.30 horas • Salón Teatro • Gratis previa retirada de invitación • La compañía asturiana La Tejedora de Sueños representará en Santiago la obra Como ceniza blanca sobre una hoguera, que tiene tras de sí múltiples premios en Asturias. La actriz Mayra Fernández destacó la oportunidad que representa Camiño Escena Norte para dar a conocer fuera la propuesta.

-Un viaje al siglo XV a la época de los Reyes Católicos. ¿Qué se encontrará el espectador: una clase de historia, intriga, aventura...?

-No se van a encontrar una clase de historia pero sí que van a salir con datos históricos, puesto que aparecen personajes de entonces y se respeta la época. Pero la obra tiene su intriga y su suspense. El contexto es la Zaragoza de 1485, con una España dividida por el yugo de la Santa Inquisición. No solo aparecen los Reyes Católicos, sino también el inquisidor Pedro de Arbués. La trama tiene que ver con el asesinato de Arbués que planean los judíos.

-En esta pieza seis actores representan 19 personajes.

-Sí, hubo un trabajo por parte de la directora y del dramaturgo para buscar la forma en la que los actores pudieran representar a todos esos personajes. El espectador está viendo un espectáculo y nosotros detrás tenemos otro con tanto cambio.

-¿Qué supone para los actores viajar seis siglos atrás?

-Para nosotros es maravilloso. Normalmente, cuando en los espectáculos viajamos atrás en el tiempo, es porque estamos haciendo un Lope de Vega, un Calderón..., ya está escrito por una persona de esa época. En este caso, lo bueno que tiene es que Néstor Villazón es un autor contemporáneo, con el que podemos hablar, que vio el espectáculo, que estuvo trabajando con nosotros... Entonces, el contexto histórico es antiguo, pero está escrito desde una perspectiva muy actual y esa perspectiva se ve también en el espectáculo. Hay cosas que, desgraciadamente, siguen pasando. Y para el actor es fascinante porque nos encanta vestirnos de época. Te obliga a documentarte. Por ejemplo, tienes que aprender como saludar, que no es igual que ahora.

Oito espectáculos en sete localidades galegas desde o 22 de setembro

Oito espectáculos de compañías de Asturias, Cantabria e País Vasco chegaron a sete localidades galegas a través do intercambio cultural Camiño Escena Norte. O calendario empezou o 22 de setembro en Ribadeo e, despois de pasar por Mondoñedo, Lugo, Vilalba, Arzúa e Sobrado dos Monxes -onde haberá unha función o sábado-, rematará este domingo en Santiago.

Pola súa banda, tres compañías galegas participaron nesta iniciativa que xorde co obxectivo de coñecer mellor aos veciños do norte peninsular tomando a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte. Deste xeito, A Panadaría e Baobab Teatro viaxaron as outras tres comunidades participantes para representar Elisa e Marcela e Luppo, respectivamente. Pola súa banda, Contraproducións participa nunha residencia artística no País Vasco.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Remata a peregrinaxe teatral polo Camiño do Norte