Unha mostra rememora «Trece estampas da traizón», de Luis Seoane

La Voz

SANTIAGO

11 sep 2019 . Actualizado a las 04:50 h.

20.00 horas • Colexio de Fonseca • O álbum de debuxos Trece estampas da traizón de Luis Seoane co que o artista galego sinalaba aos responsables do golpe de Estado de 1936 e poñía de manifesto a dramática situación da poboación civil por mor do conflito e a represión posterior conforman o eixo da mostra que esta tarde se inaugurará no salón artesoado do Colexio de Fonseca. Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación é un proxecto expositivo da Universidade de Santiago e da Fundación Luis Seoane. A mostra parte dos trece debuxos orixinais para realizar un retrato do momento cultural e histórico que acompañou a súa publicación mediante un proceso de contextualización que inclúe obra plástica doutros artistas, documentación diversa e bibliografía.