Xosé Cuns: «Tras saír da crise hai unha feminización da pobreza»

j. g. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Marta Ferreiro

15 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

la risga (renta de integración social) es «o último  recurso para as persoas que están en situación de pobreza severa. A maioría de quen a solicitan son mulleres, case o 58 %. Tras saír da crise, a pobreza e a exclusión a quen máis continua a afectar e ao colectivo de mulleres, hai unha  feminización da pobreza. Aínda que a crise afectou mais aos homes, tamén é a poboación masculina a que está saíndo maioritariamente dela», afirma Xosé Cuns, director de la Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia, por sus siglas en inglés). Tras muchos años de trabajo en este ámbito, Cuns sostiene que ahora el grupo más afectado es el de «familias onde hai só un adulto, que no 80 % dos casos é unha muller coidando de menores. Case a metade desas familias están en situación de pobreza severa e a risga é moi importante para elas», agrega. El número de quienes perciben esta ayuda, también conocida como salario social, aumentó con la crisis y también el presupuesto para atenderla. «Unha das razóns polas que as persoas en situación de pobreza severa non diminúen, a pesar de estarmos saíndo da crise, é que os importes da risga levaban paralizados desde o ano 2013, cando entrou en vigor a Lei de Inclusión. Porque esa lei establece que ten que haber varios tramos, e non se desenvolveu. Persistiu un tramo básico, e desde este ano están a ser recoñecidos dous máis: un de inserción, para facilitar ás persoas todo o que necesiten para a formación e para poderen acceder a un emprego; e outro para a transición ao emprego, que significa poder compaxinar durante un tempo un salario coa risga, de maneira que non haxa que traballar en B e que se podan manter uns ingresos decentes para saír da pobreza», explica Cuns. Pero estos dos nuevos tramos entraron en vigor aún en marzo de este año. «Esperamos que, realmente, co incremento do orzamento que implican estes dous novos tramos, tamén se favoreza que as familias podan recibir algo máis que os 400 euros de media que perciben agora. A nova situación permite incrementos de até 500-600 euros. Ese aumento non é a solución para saír definitivamente da pobreza, aínda que vai implicar melloras para moitas familias, se a burocracia non o impide. Está habendo formación e outras iniciativas, porque a Xunta afirma que quere que se implanten as melloras o antes posible», subraya. Ante esta nueva situación, agrega Cuns, «as nosas reivindicacións pasan porque sexa unha prioridade para as persoas beneficiaras da risga tanto incrementar o importe da súa axuda económica como reducir os prazos de resolución, en especial para as familias con menores. Porque a nova norma tamén contempla avances co chamado complemento de vivenda, e a vivenda é hoxe un problema serio en todas as cidades galegas, pois o incremento dos prezos dos arrendamentos come practicamente calquera incremento da risga». Xosé Cuns resalta que el decreto incluye otros avances de interés, «aínda que o máis importante é que se faga efectivo, e que se reduza a burocracia para a súa tramitación», advierte.

3.017

Beneficiarios en el 2018

Son 69 más, un 2,3 %, que las 2.948 personas que cobraron la risga en el ejercicio anterior.