Festival de bandas xuvenís e infantís galegas

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Cerca de 600 músicos de trece formacións de toda Galicia, menores de 20 anos, interpretarán os seus repertorios este domingo

11 jul 2019 . Actualizado a las 04:50 h.

A Cidade da Cultura acollerá a cuarta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia. O evento terá lugar o domingo a partir das 11.00 horas ata as 20.30. Cerca de 600 músicos de trece formacións de toda Galicia, menores de 20 anos, interpretarán os seus repertorios. As bandas tocarán composicións moi variadas e versións orquestais. Rematarán o coa interpretación conxunta do himno galego. A Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura organizan este certame para dar a coñecer os traballos das formacións galegas máis novas.