Un libro resume os 50 anos de Feiraco como motor do rural

A publicación fai unha homenaxe ao labor da cooperativa para o progreso da comarca da Barcala

i. c.
SANTIAGO / LA VOZ

A celebración do aniversario do medio século de vida de Feiraco terminou coa publicación do ensaio Pasado, presente e futuro do mundo rural. Feiraco, un modelo cooperativo de 50 anos. O traballo xurdiu da colaboración entre Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e a Universidade de Santiago. A publicación reúne artigos de investigadores galegos de diferentes disciplinas que analizan o percorrido da empresa, os retos e as súas perspectivas de futuro.

Segundo o ensaio, a presenza de Feiraco na comarca da Barcala supuxo un cambio na cultura e consecuencias sociais, económicas e tecnolóxicas positivas. A entidade consolidou na comarca a gandaría e o sector lácteo. «Feiraco traballou cunha toma de conciencia que integraba ás persoas de todos os estamentos sociais, e o espírito de Clun continúa sendo o mesmo», explicou o expresidente da entidade, José Montes, na presentación da publicación no Colexio de Fonseca. O empresario destacou o labor histórico de Feiraco na creación do leite Únicla, un produto «único e referente nos mercados nacionais polos seus valores nutricionais».

Pola súa banda, o reitor da Universidade compostelá, Antonio López, recalcou a importancia do cooperativismo agrario. «Ás veces hai que deixar o individualismo á marxe, algo que non é doado, e cooperar para conseguir unha maior eficiencia», explicou López.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Un libro resume os 50 anos de Feiraco como motor do rural