Charamela recibe o premio de Melide á defensa da lingua

Gaban o seu «intenso traballo teatral e asociativo, sempre promovido en lingua galega»


melide / la voz

O Servizo de Normalización Lingüística e Cultural da Terra de Melide entregou o premio co que anualmente recoñece o traballo a prol do uso da lingua galega de entidades con actividade na comarca melidá á Asociación Cultural Charamela, «polo seu intenso traballo teatral e asociativo, sempre promovido en lingua galega». A presidenta do colectivo premiado, Mari Gómez Neira, foi a encargada de recoller o galardón, ao que, na súa oitava edición, optaron vinte candidatos.

Representantes da Asociación de Empresarios da Terra de Melide, membros das Anpas dos tres colexios do municipio, do Concello de Melide e da Asociación Cultural Terra de Melide formaron o xurado que decidiu o recoñecemento a Charamela, que iniciou a súa andaina na capital comarcal no ano 2004.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Charamela recibe o premio de Melide á defensa da lingua