«Había que facerlle unha homenaxe aos primeiros que se preocuparon pola esencia da cidade»


Santiago mudou ao longo de varias etapas. Recorda Díaz-Fierros os 50 e os 60, cando había un grupiño de persoas que sen ter ningún posto oficial vixiaban a améndoa de Santiago, «sempre digo que a esa xente había que facerlle unha homenaxe porque se preocupaban de que no se fose deturpando a esencia da cidade». Logo chegaron os anos do Ensanche, «unha desfeita», conta Francisco. Agora, aclara, xa hai conciencia dos límites «uns límites que comezaron con esa minoría, para despois espallarse cara os grupos máis lúcidos como unha mancha de aceite».

Escolle o claustro de Fonseca como lugar significativo, pero tamén podería ser Mazarelos «o meu primeiro contacto con Santiago», porque alí estudou o preuniversitario cando o instituto Xelmírez, que era o masculino, estaba na actual Facultade de Filosofía. Outro curruncho puido ser Bautizados, «era o noso paseo cando eramos estudantes, alí socializabas coa xente, era unha institución, da Ferradura ao Franco, e logo ías aos bares». Aínda que non foi dos que máis saíu, tamén fixo estancias de investigación fora, sobre todo en Francia, en Versalles, e en Italia.

Membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, foi tamén presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e do Seminario de Estudos Galegas. Por iso, outro espazo emblemático para el é a galería Sargadelos. Pasou tamén pola mesa camilla de Ramón Piñeiro, «eran anos de aprendizaxe do que era o galeguismo», di con certa nostalxia. Perdeu Santiago ese fervor cultural e intelectual nos últimos tempos? Quizais si, apunta este catedrático... Pero o optimismo sae de seguido, «creo que en parte se está recuperando polo Ateneo».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Había que facerlle unha homenaxe aos primeiros que se preocuparon pola esencia da cidade»