O brionés Raúl Gómez Patos recibe a edición do premio Ardeiro

La Voz NEGREIRA / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

Gañou o certame de poesía de Negreira coa súa obra «Residuos de chamas flamexando»

26 may 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

O secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, xunto co alcalde negreirés, Jorge Tuñas Caamaño, entregou a edición do poemario gañador do sétimo certame de poesía Xosé M. López Ardeiro, ao poeta brionés Raúl Gómez Patos pola súa obra Residuos de chamas flamexando. Aparte do premio económico do Concello, o gañador recibiu 200 exemplares da obra. Tamén participaron José Antonio Ponte Far e Xulio López Valcárcel, membros do xurado.