Tres claves para la Compostela del 2023: más eficacia, igualdad y calidad de vida

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Compostela Aberta, PP, PSOE, BNG y Ciudadanos imaginan su ciudad dentro de cuatro años

25 may 2019 . Actualizado a las 17:20 h.

Los cinco candidatos con posibilidades de obtener representación municipal este domingo han imaginado en un encuentro organizado por La Voz de Galicia el Santiago del 2023 después de su paso por la corporación. Hay consenso sobre la necesidad de avanzar en la gestión diaria y los servicios públicos, y diferentes modelos para que la ciudad sea un lugar de oportunidades para todos y con calidad de vida. Fueron las ideas fuerza de un debate que ha destacado por la variedad de propuestas, el respeto institución y el buen tono, que no estuvo exento de reproches relacionados con la gestión local. Así será la capital dentro de cuatro años. Solo uno será alcalde o alcaldesa, pero puede haber varias plazas de gobierno y oposición.

COMPOSTELA ABERTA

«Mellor que no 2015». «O cambio está lanzado, sementado, parcialmente recollido e toca consolidalo. O vieiro sinalado indica que debemos continuar afianzando o saneamento económico. Demostramos que non é incompatible pular por unha Compostela social e solidaria con manter unha dinámica cultural, ecolóxica, feminista, participada e transparente. E queremos seguir con políticas de equilibrio territorial, impulsando a administración electrónica e lanzando os novos contratos de recollida, de lixo e mobilidade. A situación da cidade é mellor que no 2015, grazas ao Concello pero tamén á cidade e os motores da mesma».

PP

«Santiago capital». «Se goberna o PP Santiago será unha cidade máis limpa, máis segura e cuns servizos renovados e modernos para os próximos vinte anos. Estaremos centrados nos veciños, que terán un Concello que cumpre e que controla os servizos, solucionando problemas do día a día e traballando con eficacia para reducir impostos e que ninguén desespere cos trámites. Imos axudar a quen de verdade o precise. Santiago vai asumir o seu papel de referencia e de centralidade en Galicia. Queremos recuperar as relacións institucionais coas comarcas veciñas, e funcionar como unha verdadeira capital».

PSOE

«Cidade de oportunidades». «Os socialistas queremos que Santiago sexa unha cidade para vivir e traballar, con oportunidades e desenvolvemento económico. Apostamos pola calidade de vida, con atención á mobilidade, que é unha das materias pendentes. Imos sacar oferta de vivenda para que os mozos poidan quedar, comprando ou en alugueiro. Apostamos polo equilibrio social, polos maiores e polas persoas con diversidade funcional. E tamén pola igualdade e por unha Administración eficaz e resolutiva. Resolver as licenzas non pode levar tres anos. Continuaremos coa recuperación ambiental do Sar e o Sarela».

BNG

«As pequenas cousas». «Nós apostamos por unha cidade accesible para todas as persoas, que cumpra as potencialidades como capital; unha cidade dinámica, viva, cun centro histórico con identidade, cun rural que teña servizos, cun Ensanche e uns barrios modernos. Que sexa unha referencia en políticas urbanísticas, económicas, sociais, ecolóxicas e feministas. Cambiaría as pequenas cousas: hai que poñerse a reparar cousas da nosa contorna diaria, as lousas, os contedores, luminarias, parques e xardíns… as concesionarias estarán máis controladas. E contestaremos sempre as queixas e suxestións dos veciños».

CIUDADANOS

«A xente quere cambio». «A cidadanía estaba cansa dos gobernos de sempre, da corrupción e das promesas incumpridas. Outros pensan que por levar anos na política teñen más dereito, e iso non é así. Nos queremos unha cidade para vivir, porque Santiago perdeu calidade de vida e quedou no século XX. Nós queremos unha cidade de oportunidades, e notamos que a xente quere cambiar o modelo, por iso chegaremos a Raxoi. Seremos garantes de rexeneración e de cambio, porque hai xente farta das promesas do PSOE e do PP. E cando chegue o 2023 imos recuperar a confianza na política e o orgullo de ser santiagués».

«Apostamos polas garderías gratuítas de 0 a 3 anos»

«Queremos unha cidade para vivir, apostando polas familias, con plans de conciliación, cheques gardería gratuítas de 0 a 3 anos e centros sociais de convivencia entre maiores e nenos; que estea adaptada ao século XXI, cunha administración electrónica e dixital. Unha cidade de oportunidades na que se concedan as licenzas de apertura de negocios en menos de tres meses, con bonificacións para o emprendemento e para xerar calidade de vida».

«Imos reforzar Urbanismo e todo o persoal municipal»

«Das primeiras cousas que queremos facer é reorganizar e reforzar o departamento municipal de Urbanismo e, en xeral, de todo o persoal do Concello; tamén será prioritario mellorar o transporte en autobús, propoñendo máis rutas, tamén nocturnas, máis frecuencias e maior calidade, e dotar á cidade de aparcadoiros como alternativa; e queremos conseguir acceso a Internet para a cidade histórica e para unha parte substancial do rural».

«Crearemos unha estrutura para captar empresas»

«O primeiro será crear unha comisión preparatoria do ano santo e convocar ao Real Padroado; tomaremos decisións definitivas sobre a EDAR de Silvouta; abordaremos a situación dos servizos municipais, en especial a auga, o transporte e a limpeza; abriremos unha oficina da cidade histórica e actualizaremos o servizo de Urbanismo; crearemos unha estrutura de captación de empresas; e lanzaremos o plan estratéxico de Compostela 2030».

«A maior rebaixa fiscal da historia de Compostela»

«Se o PP ten a oportunidade imos poñer en marcha a maior rebaixa fiscal da historia de Compostela, con tempo para tramitar as ordenanzas; impulsaremos un plan para a revitalización do casco histórico a través da revisión do plan especial; e imos ordenar todas as concesións. Como primeira medida, e ata o desfalecemento, imos preocuparnos de lanzar as infraestruturas, porque o que non se fai no primeiro ano é moi difícil de cumprir no mandato».

«Impulsaremos unha renda de garantía infantil»

«Entre as nosas prioridades está a recuperación dun servizo externalizado como é o da auga, para que sexa eficiente; ter preparado un protocolo de fusión co Concello de Teo para o debate na corporación e para a consulta da veciñanza; e, como primeira medida, o impulso dunha renda básica de garantía infantil que coordine as axudas que se multiplicaron nos últimos catro anos para darlle a estabilidade ás familias e á súa vida cos cativos».