El público, interesado en posibles pactos y en las políticas de vivienda

r.m. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Los compromisos de permanencia de los canditatos despiertan también su atención

21 may 2019 . Actualizado a las 08:21 h.

El público fue un elemento importante en el debate que organizaron La Voz y Radio Voz con los candidatos de las formaciones municipales. La voz de los ciudadanos llegó también a Noriega, Hernández, Bugallo y Sanmartín a través de su turno de preguntas. Vivienda y política fiscal y, sobre todo, los compromisos de permanencia de los candidatos y posibles alianzas, centraron su interés. Los cuatro se comprometieron para habilitar plazas de oferta de empleo público para personas con diversidad funcional.

¿Se perden a alcaldía, quen de vostedes quedará no Concello mantendo o seu compromiso?

Martiño Noriega. Sería soberbio se dixera que as derrotas dependen dunha decisión persoal. O que si podo comprometer é que, nunha vitoria, quero pechar un ciclo de oito anos. Quen diga que vai quedar nunha derrota non entende os procesos colectivos, aí hai que abrir debate máis alá da persoa. O meu compromiso con CA está garantido, pero dependerá doutros elementos.

Agustín Hernández. Preséntome para gañar e gobernar. De non chegar a ese obxectivo, con reflexión, responsabilidade e oíndo ao partido, tomarei a decisión que crea mellor para a cidade.

Xosé Sánchez Bugallo. Teño un compromiso de permanencia co partido e coa cidade. Preséntome para ganar ou para perder, non para volverme presentar en 4 anos. E, por suposto, se gano, quedo; e se perdo, tamén, salvo que os intereses da cidade, o máis importante para min, requiran outra cousa.

Goretti Sanmartín. Todos os que nos presentamos queremos gobernar e transformar. O BNG preséntase para gobernar e axudar a transformar este concello, mais, dende a oposición pódese facer moito labor positivo.

¿No caso de que o seu voto decida, a quen faría alcalde o Bloque Nacionalista, a Noriega ou Sánchez Bugallo?

Xa dixen que hai que facer diálogo, poñer por riba os programas, non facilitar gobernos da dereita e facer políticas transformadoras, de esquerdas.

¿Estará disposto Bugallo a pactar co PP se lle ofrece a alcaldía?

Eu só me plantexo unha posibilidade, ter a alcaldía porque gano as eleccións. Se non é así, non me plantexo ter a alcaldía.

¿Cal vai ser a política fiscal de Hernández se chega a ser alcalde?

Temos o compromiso de baixar o IBI no 4 % para que os cidadáns recuperen poder adquisitivo logo da tentativa de Noriega de subilo e despois do catastrazo de Bugallo no 2008.

¿Como explica Noriega que non sexan capaces de licitar en prazo os grandes servizos: lixo, transporte, limpeza de edificios e auga?

En auga estamos agora cunha comisión creada para estudar o modelo de xestión e apostamos pola municipalización; co do lixo, estamos co proceso lanzado e aínda co contrato en vigor empregando as prórrogas que están regladas.

¿Podería concretar o BNG a súa proposta de cobro do IBI a inmobles da Igrexa non de culto?

A Igrexa ten moitas propiedades nesta cidade, leiras, pisos, garaxes, establecementos hoteleiros, e entendemos lóxico que pague o IBI. E xa o recoñece o papa.

¿Noriega, por que non se cambiou a cuberta da piscina de Sar?

Porque a sociedade que a leva é unha sociedade mixta cun 66 % de parte privada que está rematando o contrato e que entende que á hora de facer actuacións sobre o mobiliario hai que agardar a novo contrato. Nós entendemos que hai que recuperar esa sociedade para a participación pública.

¿Se vostede fose alcalde, que faría coa vivenda?

Sanmartín. Hai que facer vivenda protexida e conseguir abaratar os alugueiros, modificar ese mercado poñendo en funcionamento as vivendas baleiras e loitanto contra os pisos turísticos ilegais.

Bugallo. Edificar os solares municipais dos polígonos (mil vivendas protexidas), promover o solo da Pulleira (2.200), recuperar Emuvissa e facer política de vivenda para os mozos e sectores desfavorecidos.

Hernández. Mobilizar solo de xeito realista, facilitar os alugueres e bonificar IBI a quen alugue en determinadas condicións.

Noriega. Hai que incidir no mercado de alugueiro, incluír protección oficial nas pezas a desenvolver e presionar á Xunta para que desenvolva solo, que é a súa competencia.

¿Cuánto cuesta una campaña?

¿Cuánto puede costar una campaña electoral de las características de esta? Fue también una pregunta del público que dio pie a algunas pullas entre los candidatos. Noriega puso límite a la suya en 10.000 euros. «Nós competimos en apoio popular; no resto non podemos», dijo, aunque ya le gustaría, lanzó, saber lo que se gastan PP y PSOE. Pero Hernández obvió cifras, a las que antepuso la «ilusión e xenerosidade» de los colaboradores de campaña, y cortó la insistencia de Noriega por los números diciendo que el PP se gastaba lo mismo que CA. Quien no entró en detalles propios fue Bugallo, que cuestionó a CA apuntando que él no dispone «de persoal municipal pagado polos composteláns facendo vídeos todos os días». «Nós pagamos a campaña coas cotas da militancia», dijo Sanmartín.