Queremos Galego desbordou Praterías coa súa reivindicación do idioma

Reclamou liberdade, igualdade e xustiza para o galego nunha manifestación con moita participación de representantes políticos e xente nova


Santiago

A reivindicación de liberdade, igualdade e xustiza para o galego predominou na manifestación organizada por Queremos Galego, que desbordou no final a praza de Praterías. Partiu da Alameda polo mediodía, foi pola Senra, praza de Galicia e inicialmente estaba previsto que finalizase na praza do Toural; porén, pola elevada asistencia,  a organización  acordou que chegase a Praterías, que estaba chea e con moita xente nas rúas dos arredores. Houbo moita participación de representantes políticos, tanto cargos institucionais como persoas que se presentan candidatas ás elecións do día 26, como Xoaquín Fernández Leiceaga, Ana Pontón, Martiño Noriega, Xosé Sánchez Bugallo, Goretti Sanmartín, Lidia Senra ou Ana Miranda.

Unha gran faixa encabezaba a marcha e nela figuraba  «Máis que nunca queremos galego». As persoas participantes corearon durante o percorrido lemas como «Na rúa e no traballo, en galego», «Non renunciamos á nosa lingua», «Na Galiza, en galego», «Só en galego Galiza ten futuro», «Temos lingua propia, queremos vivir nela», «Feijoo, escoita, a língua non se toca», «Temos dereito, queremos galego», «Queremos vivir, na nosa lingua», «En educación, en galego», ou «Galegos somos, galego falamos, á nosa lingua  nunca renunciamos».  Había tamén moitas bandeiras e pasquins.

Ao final, en Praterías, leron o manifesto final representantes de varias entidades, como a Federación de asociacións de nais e pais de centros públicos de Santiago, Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalización Língüística, Asociación Cultural O Galo, Confederación Sindical Galega do Ensino, Asociación Cultural e Musical Solfa e da Mocidade da Mesa Pola Normalización Lingüistica. No documento salientaban que «Máis que nunca queremos galegos porque a situación do galego é crítica» e «porque o 23 % das peroas de 4 a 15 anos non saben falar galego». Reprobaban a existencia de «límites de todo tipo» e esixían un maior apoio do governo e das institucións, sobre todo en ámbitos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación. Reclamaban igualmente «a posibilidade de vida normal en galego» e concluiron coa demanda de que «Máis que nunca queremos galego en todo e para todo».

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, lembrou que esta manifestación de Compostela era comarcal, pois hai 14 máis organizadas no país, e insistiu en reivindicar liberdade, igualdade e xustiza para o idioma, reprobando as dificultades existentes nas diferentes administracións públicos e noutros âmbitos para o seu uso. Finalizou, coa interpretación do Himno Galego.

Na mobilización en defensa do idioma galega convocada por Queremos Galego, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denunciou o «escrache» de Feixóo e do Partido Popular á lingua galega. A líder do BNG considerou de «sentido común» que os galego falantes desenvolvan a súa vida na lingua propia de Galiza «sen ningún tipo de discriminación» e denunciou  «o escrache do Partido Popular de Feixóo» dos últimos anos á lingua galega para conculcar, dixo, un dereito fundamental para poder usar a nosa lingua e normalizala como recolle o propio Estatuto de Autonomía. 

Pontón afirmou que a primeira  consecuencia do «escrache do Partido Popular» provoca que a lingua galega sexa a única lingua do Estado español que perde falantes. «É a única lingua que non podemos ler nos xornais e que está  prohibida no ensino de Matemáticas», engadiu  a líder do BNG  que, a maiores, apuntou a «importante diminución do idioma galego no sector da edición».

 Para a portavoz nacionalista, a política de acoso do PP conduce á exclusión do galego no 90% das escolas de infantil das cidades, unha clara evidencia de como «o idioma retrocede».

Antonio Fraguas: «O peor minifundio que temos en Galicia é o das ideas»

xosé a. neira cruz
Fraguas (á dereita), con Filgueira Valverde
Fraguas (á dereita), con Filgueira Valverde

En 1992 o mestre de Cotobade concedeu a Xosé A. Neira Cruz esta entrevista, inédita ata hoxe

O 27 de abril de 1992 Antonio Fraguas recibiume no seu piso da rúa Montero Ríos, en Santiago. Era a primeira vez que falabamos, malia levarmos tempo carteándonos. Unha relación epistolar que naceu da arroutada dun adolescente curioso que lle escribiu a un home ao que admiraba como quen guinda unha botella ao mar con mensaxe dentro: sen moitas esperanzas de que chegase resposta. Evidentemente si chegou. Non podía ser doutro xeito mediando a xenerosidade e a bohomía de Fraguas.

-Confésolle que sigo preguntándome por que lle respondeu a aquel rapaz descoñecido.

Seguir leyendo

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
31 votos
Comentarios

Queremos Galego desbordou Praterías coa súa reivindicación do idioma