Fraguas retorna á Universidade

Onte celebrouse un acto liteario na súa lembranza en Fonseca


A Universidade de Santiago celebrou onte o Día das Letras Galegas cun acto literario en Fonseca, que tamén serviu para presentar o volume conmemorativo da efeméride Antonio Fraguas: a cultura como forma de vida. Na actividade -presidida polo reitor, Antonio López- o grupo Tralo-Valo interpretou unha escolma de pezas compiladas polo etnógrafo. Ademais, ata o 3 de xuño, a Facultade de Xeografía e Historia acolle unha mostra focalizada na relación que Fraguas tivo coa Facultade de Filosofía e Letras, con particular atención ao seu paso como alumno e logo como bibliotecario, así como o seu traballo como profesor auxiliar.

Tamén a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) homenaxeou onte a Fraguas, cun acto.

Hoxe

SonDeSeu e O Fiadeiro

20.30 horas • Auditorio de Galicia • Gratis previa retirada de invitacións • O concerto organizado polo Consello da Cultura Galega inclúe a estrea da obra Cotobade.

Libros de Arantza Portabales e Manuel Portas

19.00 horas • El Corte Inglés • Os autores asinarán exemplares das súas últimas novelas.

Melide

Concerto didáctico con instrumentos do mundo da percusión contemporánea que o grupo Odaiko ofrecerá na Casa da Cultura para alumnado de Primaria dos tres colexios melidenses. Na casa consistorial abre unha mostra sobre a figura de Antón Fraguas.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

Fraguas retorna á Universidade