Xavier Lama gaña o premio Laudamuco, de Brión

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

04 may 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

O escritor e xornalista Xavier Lama é o gañador da primeira edición do Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor participou neste certame co obra Na miña alma ouvea un lobo, presentada co lema «Refachos de dor».

O xurado, que avaliou 54 traballos, explicou a aposta polo texto dada a «capacidade do autor para explorar, con notable eficacia dramática e a través de sucesos e personaxes tomados da realidade, zonas escuras de funcionamento dos estados modernos, sen impoñerlle ao lector puntos de vista únicos». O premio entregarase o día 16 en Brión.