Unha carreira como tributo a Antonio Fraguas, o día 17

La Voz

SANTIAGO

04 may 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

A sétima edición da Carreira Camiño das Letras desenvolverase o próximo día 17 de maio unindo a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago. Haberá unha proba absoluta de 15 quilómetros que partirá ás 10.00 horas dende o Pico Sacro. Despois, para a categoría sub 18 e máster, haberá outra de cinco quilómetros que partirá desde a Cidade da Cultura. As citas das categorías escolares desenvolveranse tamén no Gaiás. As inscricións poden facerse ata o 13 de maio.