Cantos e teatro de aperitivo para o Banquete de Conxo

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

As actividades comezarán ás 11.00 horas cunha representación teatral

03 may 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

A segunda edición do Banquete de Conxo comeza esta mañá, ás 11 horas, cunha representación teatral na que a rapazada recreará o mítico xantar na carballeira do 2 de marzo de 1856. Participarán escolares do CEIP Quiroga Palacios e do Pepe Xan Baña. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá unha xincana xuvenil polos sendeiros de Sar. A inscrición pode facerse no centro cívico de Conxo. Neste lugar, ás 19.00 horas, haberá un obradoiro de cantos de taberna, que terá continuidade a partir das 21.00 horas por dez bares do barrio. As actividades seguirán durante a fin de semana.