Alumnos de Rois elaboran un telexornal dedicado a Fraguas polas Letras Galegas

Inclúe entrevistas con especialistas na vida e na obra do escritor


rois / la voz

Alumnos de terceiro e cuarto cursos de ESO do Centro Público Integrado (CPI) dos Dices, en Rois, elaboraron un telexornal dedicado a Antón Fraguas, autor ao que se homenaxea o Día das Letras Galegas. Trátase, segundo explica o profesor Luís Gómez Aldegunde, dun proxecto que o alumnado leva a cabo entre setembro e abril. Así, o telexornal inclúe entrevistas con especialistas na vida e na obra de Fraguas: Francisco Díaz-Fierros, académico; María Xosé Fernández e Clodio González (membros do Padroado do Museo do Pobo Galego, do que Fraguas foi primeiro director e logo presidente); Rosa Méndez, bibliotecaria do museo; Héctor Cajaraville e Malores Villanueva, autores que publicaron unha biografía de Fraguas para Xerais e Galaxia respectivamente; X.M. González Reboredo, etnógrafo; Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. O vídeo pode verse na canle de Youtube Cinema Porviso ou no twitter @telexornalRois.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Alumnos de Rois elaboran un telexornal dedicado a Fraguas polas Letras Galegas