Moreiras visibiliza a mulleres esquecidas ao longo da historia

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

O pintor recolle as achegas que fixeron en 35 esferas que expón no Museo do Pobo ata o 12 de maio

03 abr 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

A lectura dun libro de Rosa Montero no que recolle máis dunha decena de biografías de mulleres descoñecidas está na orixe de O eco das amazonas. Retablo-Pavana para unha muller oculta, a exposición de Baldomero Moreiras que ata o 12 de maio se pode ver no Museo do Pobo Galego ao ampliarse a previsión inicial debido a boa acollida da proposta. «Chamoume a atención o esquecemento que a sociedade machista fixo delas», asegura o artista. A partir de aí empezou a investigar e atopouse «centos e centos de mulleres ninguneadas pola historia». Así que decidiu facerlle unha homenaxe e colaborar para darlle visibilidade. «Os que temos que cambiar o chip somos nós, os homes, aínda que eu penso que xa o teño cambiado», afirma.

Baldomero Moreiras fixo unha selección de 37 para trasladar a súa pintura. «A maioría dos casos son dramáticos, incluso con queima de mulleres vivas, como a da portuguesa María Rodrigues na praza de Cervantes, en Santiago». Sen embargo, o artista fuxiu desa parte dramática para «convertelas en obxecto de homenaxe e ver o mellor delas; reivindicalas como grandes autoras e cheas de vida, de talento, de capacidade e de feminismo». Entre as homenaxeadas na mostra están Hipatía de Alexandría, Inés de Castro, Artemisia Gentileschi, Zaha Hadid ou as galegas Maruja Mallo e María Casares. Moreiras quixo mostrar un amplo abano de ámbitos no que sobresaíron, así que hai navegantes, compositoras, científicas, poetas, gaiteiras, bailarinas...

E nesta homenaxe ás mulleres, Baldomero Moreiras pintou sobre esferas, «por proximidade coa muller, nesa suxestión de embarazo, pero tamén pola xeometría do universo, a muller como clave do universo. Como se pode esquecer a unha parte tan importante?». Non foi doado atopar estas pezas para desenvolver o proxecto, algunhas chegaron dende Italia. E, a nivel creativo? O autor explica que aínda que supón unha maior dificultade que un lenzo, «tamén se converteu nunha vantaxe ao suxerirme camiños novos que no espazo plano nunca houbera conseguido. Foi unha gran aprendizaxe». Despois da súa estancia en Santiago, a exposición proseguirá camiño por outros puntos. Esa é a intención de Baldomero Moreiras.

Melona Fest

El festival comenzará a las 19.00 horas, en la Casa do Matadoiro, con la actuación de Adrián Barreiro. Después, a las 21.30 horas, en la Sala Riquela, será la presentación oficial con el proyecto Live Pixen de Marta Verde y Juanma Lodo.

Banda das Crechas

22.30 horas • Casa das Crechas • 1,5 euros • Foliada.