Recital de premiados no certame Rosalía

La Voz

SANTIAGO

cedida

Celebrouse en El Corte Inglés, que tamén serviu de escenario para presentar unha nova convocatoria do certame literario

22 mar 2019 . Actualizado a las 12:31 h.

O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés acolleu onte un recital con motivo do Día da Poesía organizado polo centro comercial e a Fundación Rosalía. Participaron María Vilas, Paula Antía e Daniel Souto, galardoados en anteriores edicións do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro. Onte, precisamente, presentouse a nova edición. Os rapaces de ESO e Bacharelato poden presentar os seus traballos ata o 18 de maio. O máximo son 50 versos.