A Asociación do Traxe Galego abre con «Debullando o tempo» os actos do 25 aniversario

O espectáculo, que une teatro, música e baile, poderá verse a partir das 17.30 horas no Auditorio de Galicia


Santiago

17.30 horas • Auditorio de Galicia • Entrada libre • A estrea do espectáculo Debullando o tempo abre as actividades da Asociación do Traxe Galego para festexar o seu 25 aniversario. Trátase dunha peza na que se mestura o teatro, a musica e a danza. Nel participan oitenta socios do colectivo e contan coa colaboración de Ultreia e A Regionalista de Teo. «Queriamos que se involucraran a maior parte de socios posible», asegura a presidenta, Pilar Astray, que anunciou que tamén será especial a actividade que tradicionalmente organizan con motivo do Día das Letras Galegas. Debullando o tempo está estruturado percorrendo o paso das estacións e nel van participar dende nenos de dous anos ata socios que superan os oitenta. O vestiario terá especial relevancia no espectáculo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Asociación do Traxe Galego abre con «Debullando o tempo» os actos do 25 aniversario