Un repaso por unha ducia de ceos de Galicia na libraría Numax

La Voz

SANTIAGO

FC3

O Almanaque de Ceos Galegos percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica

02 ene 2019 . Actualizado a las 04:50 h.

20.00 horas • Numax • Entrada libre • O ano 2019 resumido nunha ducia de ceos galegos. É o resumo apurado da presentación que acolle esta tarde a libraría Numax do almanaque de Ceos Galegos. Ao longo das súas 14 páxinas percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se pode ver e deste xeito, tamén recorre de xeito didáctico conceptos e temas diversos e interesantes. O almanaque inclúe dende a Vía Láctea dende A Cañiza ata as illas Cíes ou o Observatorio de Forcarei.

A presentación correrá a cargo do editor do almanaque, X. Dositeo Veiga, e contará con música en director de Juan Vázquez.