A Transición a través das caricaturas de Siro López

La Voz

SANTIAGO

Paco Rodríguez

Poderá verse ata o 16 de decembro na Igrexa da Universidade

30 nov 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Dende a morte de Franco ata a vitoria de Partido Socialista nas eleccións xerais de 1982. Un percorrido pola Transición española a través de 117 caricaturas de Siro López, acompañadas tamén por textos explicativos do propio artista ferrolán no que se inclúe o contexto histórico. Trátase de O camiño á Constitución, a mostra que onte se inaugurou na Igrexa da Universidade, onde poderá verse ata o 16 de decembro.

A exposición coa particular visión de Siro López é unha iniciativa da Deputación da Coruña para conmemorar o 40 aniversario da Constitución. Entre os protagonistas das caricaturas atópanse o rei Juan Carlos, Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez. Os traballos desta mostra itinerante son unha selección dunha serie que o artista ferrolán publicou en La Voz de Galicia.