Cabalos, gastronomía, títeres e artesanía na Feira do San Martiño

La Voz

SANTIAGO

xoan a. soler

As actividades desenvolveránse ao longo da xornada na carballeira de Francos (Teo)

11 nov 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

A carballeira de Francos acollerá hoxe a Feira de San Martiño con varios complementos á feira cabalar. Terá un protagonismo especial a enogastronomía, con degustación de viños da subzona Ribeira da Ulla da denominación de orixe Rías Baixas, e de queixos galegos. Tamén haberá unha carpa destinada á artesanía. Esta feira servirá de marco de despedida para Titiriberia. Títeres Alakrán e Seisdedos ofrecerán animación de rúa durante a xornada e ás 12.00 horas estréase Dona Barriga Verde.