Unha viaxe ao universo compostelán de Díaz Baliño e Díaz Pardo

A mostra inaugurada onte poderase ver ata o 30 de novembro no colexio de Fonseca


A casa da Tumbona das Hortas, a prisión da Falcona e a galería Sargadelos da rúa Nova son algúns dos escenarios que percorre a exposición Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela. Con Galiza sempre no horizonte, que desde onte e ata o 30 de novembro se pode ver no colexio de Fonseca.

A mostra, impulsada polo Ateneo de Santiago e a Universidade, busca reflectir con información gráfica e documental a actividade vital e artística dos dezaseis anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936). Ademais, nunha segunda parte, ofrece unha visión da actividade artística, cultural e industrial desde que Isaac Díaz Pardo tivo que abandonar a súa cidade natal. Como epílogo figura tamén un pequeno repaso sobre o regreso de Isaac a Santiago en 1978, así como unha mostra dos seus traballos como pintor de cabalete.

O acto inaugural desta mostra, que está comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López, contou onte coa participación de numeroso público.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Unha viaxe ao universo compostelán de Díaz Baliño e Díaz Pardo