«Para nós, estar en Cogami representou un antes e un despois, é enriquecedor»


A Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer) é pioneira pola integración en Cogami. O seu presidente, Rafael Rodríguez, explica que o obxectivo da entidade «é mellorar a calidade de vida das persoas con doenza renal, a través do acompañamento psicosocial e o apoio na toma de decisións, ben como a sensibilización en material de doazón de órganos e transplante». Ten sede provincial na Coruña, con servizos e profesionais en Ferrol e Santiago.

-Como valora os anos que levan integrados en Cogami?

-Para nós, estar en Cogami representou un antes e un despois, é enriquecedor.

-Por que enriquecedor?

-En primeiro lugar, porque nos sentimos máis amparados, con axudas para servizos xurídicos ou administrativos, o que é moi importante. Tamén conseguimos maiores posibilidades de integración laboral de persoas con doenzas renais e podemos compartir con outras entidades servizos sociosanitarios. Cogami favorece unha mellor interlocución conxunta, en cantidade e en calidade. E aínda o ter acceso a mellor información sobre axudas ou para a comunicación.

-Cal é o maior beneficio de pertencer a Cogami?

-Todo o dito anteriormente. Penso que hoxe, sen o apoio de Cogami, seríamos unha entidade case testemuñal en moitos deses ámbitos, mesmo teríamos máis dificultades para sobrevivir.

-Que agradecen máis?

-Saber que van responder, que podemos acceder a máis servizos para as persoas que están pendentes dun transplante de ril ou que acoden a diálise, porque a doenza renal crónica diminúe de forma significativa e progresiva a función dos riles e deteriora moito a calidade de vida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Para nós, estar en Cogami representou un antes e un despois, é enriquecedor»