Mercado, música, danza e arte con Rosalía de protagonista

La Voz

SANTIAGO

29 sep 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde ás 11.00 horas • Praza de Cervantes • A segunda edición do Festival Rosalía reunirá hoxe a trece postos de produtos coa escritora como protagonista na praza de Cervantes, que van desde cervexas a camisolas e produtos artísticos, sen esquecer os libros. As ofertas do mercado completaranse cun programa de actividades que inclúen pasacalles con Os Quinquilláns, danza con Ánxela Blanco e Mónica de Nut (12.30 e 17.00 horas); e talleres de grafite (11.30 horas) e rapa (17.30 horas). Tamén haberá un concerto para os máis pequenos a cargo de Uxía Senlle (13.00 horas). O peche da xornada será coa música de Son Trío (20.00 horas) e Val das Mouras (20.45 horas).