D

A actividade abre o novo curso do Consello da Cultura Galega esta tarde


17.00 horas • Consello da Cultura • A escritora galega Inma López Silva, a arxentina María Rosa Lojo e a cubana Mirta Yáñez participarán esta tarde no coloquio Conversas transatlánticas, que busca facer dialogar as literaturas das dúas beiras do Atlántico. Con esta actividade, o Consello da Cultura Galega pretende reflectir como as letras tamén plasmaron os movementos migratorios. A encargada de coordinar o programa e da presentación do debate será a xornalista María Xosé Porteiro.

Con este diálogo entre as letras galegas, arxentinas e cubanas, o Consello da Cultura retoma a programación, que terá continuidade o día 26 de setembro cun congreso sobre a internacionalización do libro galego, unha cita na que colabora a Asociación Galega de Editoras. Neste evento tamén participarán representantes dalgunhas das feiras de libros máis importantes.

Seguiranlle as xornadas Montes, territorios e paisaxe os días 27 e 28 de setembro. Xa en outubro terá lugar o terceiro congreso sobre as Irmandades da Fala.

Por outra banda, o Consello da Cultura tamén retoma os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, que estrearán formato in situ, neste caso en Vigo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

D