Xabier Díaz, Malvela y Caxade, en Negreira

El festival Noite Folk celebrarase o 18 de agosto no Refuxio de Covas

.

Xabier Díaz e o grupo Adufeiras de Salitre serán cabeza de cartel da décimo sexta edición da Noite Folk de Negreira o sábado 18 de agosto no Refuxio de Covas. O programa complétano as cantareiras de Malvela e Caxade. A presenza de Díaz confirma este festival como unha das citas imprescindibles para os amantes da música de raíz na área de Santiago.

Como noutras edicións, o encargado de plasmar en imaxes todo o que representa esta celebración foi Xosé Vizoso. O ilustrador de Mondoñedo encargouse este ano do deseño do cartaz das festas do Apóstolo en Santiago, entre outros.

Xabier Díaz presentará os temas do seu segundo traballo, Noró, que pon o acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular. Neste álbum volve a aliarse cos irmáns Gutier (zanfoña e violín) e Javier Álvarez (acordeón), e as once mulleres que dan voz e percusión ao grupo Adufeiras de Salitre. O músico garda unha especial relación coas terras de Negreira pois co seu primeiro traballo, The Tambourine Man, aló polo ano 2016, escolleu a paraxe natural de Pontemaceira para gravalo vídeo da canción Cantiga da montaña, que serviu como carta de presentación do disco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Xabier Díaz, Malvela y Caxade, en Negreira