-¿E como nace «Campus Morte»?
-Eu estou traballando en Alemaña como profesor, e alí empecei a colaborar cunha editorial de libros de texto, porque houbo un bum do ensino do español e empezou a crearse moitísimo material, entre eles libriños de lectura, porque non había ou non tiñan moita calidade. Mandeille a Francisco Castro un deles pero xa avisando de que iso non era para público galego nin español, porque están dirixidos a alumnado alemán que estuda español como lingua estranxeira. Animoume a escribir e eu encantado. Mandeille os tres primeiros capítulos e gustáronlle. Así empezou todo.
-¿Por que iniciarse nun xénero como a novela negra?
-Supoño que basicamente porque son moi lector de novela negro. Gústame ler todo, pero si que é certo que consciente ou inconscientemente tendo moito a ler novela negra non só galega nin española, senón tamén alemá ou escandinava traducida. Pero si que son moi lector e un ao mellor di, «a ver se son capaz». Co cal ao primeiro un está un pouco... non sei se inseguro. A verdade é que neste caso, a única persoa que leu a novela antes de publicarse foi a miña muller, ninguén máis, pero porque me daba algo de vergoña, e sabía que ela ía ser sincera.