Ses e Sonia Lebedynski lideran o cartel do Festigal

La Voz

SANTIAGO

CARMELA QUEIJEIRO

O festival será os días 24 e 25 de xullo

13 jun 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Días 24 e 25 de xullo • Campus Sur • O Festigal quere converter a súa 17 edición nunha festa da liberdade e darlle unha «carga extra» de reivindicación. Na primeira xornada, o 24 de xullo, conta con The Lelli Kelly’s -gañadores do concurso de Novos Valores-, Ses , Rebeliom do Inframundo e DJ Bambooh. Manteñen de xeito simbólico o nome de Valtònyc no cartel, que fuxiu de España para evitar o ingreso na cadea, condenado por enaltecemento do terrorismo e inxurias á Coroa nas súas letras. O 25 de xullo será a quenda de Os Viqueiras de Ordes, Sonia Lebedynski e a Banda de Balbina.

Ns dúas xornadas, a programación complétase cun espazo infantil, onde haberá música, maxia e talleres; ademais, organizaranse presentacións de novas publicacións e mesas de debate. Non faltará unha área gastronómica e outra de artesanía. Tamén conta cunha zona de acampada, para a que é necesario inscribirse antes.