Presentan un libro sobre a historia do cine en galego

La Voz

SANTIAGO

12 jun 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

20 horas • Numax • O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta esta tarde en Numax o libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, un traballo que analiza a relación do cinema galego con diversos aspectos esenciais da cultura, como a emigración, a paisaxe ou a lingua. No acto intervirán a coordinadora da publicación, Margarita Ledo; o doutor en Historia da Arte, Xosé Nogueira; e o director de Galaxia, Francisco Castro.