Cela confirma que no repetirá como candidato pero acabará el mandato

rosa martínez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

El BNG afrontará ya su sucesión y podría tener nuevo cartel antes de julio

06 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

El BNG tendrá nuevo cartel electoral para las próximas elecciones. A un año de la cita con las urnas, su anterior candidato y todavía portavoz municipal, Rubén Cela, anunciaba ayer su renuncia a encabezar la lista de la formación nacionalista. Su descarte, asegura, responde «exclusivamente a unha cuestión de tipo persoal e familiar» y a una decisión «moi pensada e repensada». Y difícil: «moi complicada». Pero la portavocía de una formación en la capital gallega, ya sea en el gobierno o la oposición, dice, requiere de una disponibilidad y un esfuerzo «que eu non vou ter no futuro», por lo que «me parece máis honesto, coherente e sensato dar paso a outras persoas».

Su renuncia a liderar el nuevo proyecto nacionalista para la capital allana el camino a Goretti Sanmartín, vicepresidenta de la Diputación y su única compañera en el grupo municipal, si bien Cela evitó ayer entrar en la cuestión de su sucesión. Lo decidirán los militantes, y posiblemente antes de que acabe este mes. Porque quieren trabajar con tiempo no solo la próxima candidatura sino su programa. De hecho, con un año por delante para dar por cerrada su etapa municipal, Cela defiende que era el momento de hacer pública su decisión, para facilitar un calendario holgado ante la percepción de la «boa posición» del BNG en la ciudad: «Nos últimos tempos conseguimos reactivar a base de militantes e simpatizantes».

Cela continuará hasta la conclusión de un mandato en el que «tomamos algunha decisión complicada, pero cremos que acertada». Y lo hará con talante «fiscalizador e propositivo».

«Equivócase quen pense que vou baixar o pistón: fixemos un bo traballo e agora toca socializalo»

Chegou a Raxoi cando Conde Roa desaloxaba o bipartito da alcaldía. Dende entón foi a cara máis visible dun BNG que demostrou, di, «que somos unha forza política na que se pode confiar para gobernar e para facer oposición», aínda que sempre «se aspira a gobernar». Non será candidato de novo, pero anuncia que «se deixará a pel» neste ano no que aínda permanecerá en Raxoi. Destes dous mandatos levarase no haber as «moitas boas persoas» que coñeceu nas asociacións veciñais e que fan un traballo «que ten moito mérito».

-Aduce razóns persoais e familiares. ¿É difícil conciliar dende as responsabilidades políticas?

-É difícil, aínda que non é a única cuestión que me atangue, pero se o queres facer ben as responsabilidades municipais requiren dedicación importante e de espazos sensibles: fins de semana...

-É o voceiro do grupo minoritario pero o segundo máis valorado na recente enquisa de Sondaxe. ¿Fai iso máis difícil esta renuncia?

-Politicamente si. Pero aínda que os inquéritos hai que collelos con certa distancia, e máis no momento actual, eu o que vexo aí é unha valoración positiva do traballo do BNG e aínda que se personifique en min asumo esa valoración dende a perspectiva colectiva, non individual.

-¿Como se ve para encarar o ano que lle resta no Concello?

-Con máis ganas. Equivócase quen pense que vou baixar o pistón, máis ben o contrario, porque creo que fixemos un bo traballo estes 4 anos e agora toca socializalo, explicalo. Comigo o BNG en Santiago sempre vai poder contar, pero todo ten o seu momento e tócame ter outro tipo de aportación que non sexa esta.

-¿Outra aportación noutras responsabilidades políticas?

-Non está nos meus plans. Se dou este paso á para poder dedicarme á miña vida profesional, familiar e a cuestións de tipo persoal, pero sempre vou seguir implicado co BNG, milito dende os 15 anos. Non sei en que forma ou que formato, dende logo nun que non sexa tan absorbente.

-¿Non renuncia á actividade política no futuro en primeira liña?

-Polo menos nunha tempada longa non a contemplo.

-Ademais de vicepresidenta da Deputación, Sanmartín é a única que pode garantir continuidade entre este mandato e o vindeiro. ¿Decidirá iso o novo cartel?

-O dato da continuidade é obxectivo, pero iso vaino decidir á militancia do BNG en breve. Porque traballamos con tempo para elaborar unha boa candidatura e un programa para un Santiago pensado a 20 ou 30 anos. E coa posibilidade de dar no 2019 un salto electoral importante.