«Haikus» e imaxes de Helena Villar Janeiro

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

O libro foi presentado onte pola autora, o editor Henrique Alvarellos e por Margarita Ledo

19 abr 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

O novo libro de Helena Villar Janeiro, Poesía mínima (Alvarellos), foi presentado onte en Santiago. Trátase de cincuenta haikus acompañados dunha imaxe, tamén feita pola autora. Os versos breves están traducidos tanto ao castelán como ao inglés. No acto a escritora estivo acompañada polo editor Henrique Alvarellos e por Margarita Ledo.

O proceso creativo deste libro prolongouse durante varios meses, empezando pola selección dos fotopoemas.

Presentacións hoxe

Xesús Rábade

19.30 horas • Librería Couceiro • O escritor falará sobre o seu poemario Memoria do corpo. Acompáñano Arturo Casas e Ismael Ramos.

Juan Tallón

19.30 horas • Librería Cronopios • O autor presentará a súa novela Salvaje oeste.

Antón Lopo

20 horas • Chan da Pólvora • Corpo significa a volta á poesía escrita de Lopo.