Rememoran «os anos máis felices» de Otero Pedrayo

La Voz

SANTIAGO

18 abr 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Ramón Otero Pedrayo denominou «os anos máis felices» da súa vida aqueles que foi catedrático de Xeografía en Santiago, de 1950 a 1958. Agora a súa Fundación lembra esa etapa ao cumprirse 60 anos da xubilación cunhas xornadas os días 20 e 21, que foron presentadas onte polo presidente da entidade, Xoán Luís Saco Cid; o secretario, Afonso Vázquez-Monxardín; e o decano de Xeografía e Historia, Francisco Durán.

As actividades inícianse o venres, ás 12 horas, cunha misa na a igrexa de San Francisco. Despois, ás 17 horas, en Fonseca empezará un simposio que reunirá a investigadores da obra oteriana e a protagonistas daquela época. Participarán Ramón Villares, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Salgado, Margarita Ledo, Antón Santamarina, Ramón Lorenzo, Xosé Luís Franco Grande e Carlos Baliñas. Tamén haberá un roteiro nocturno. O sábado celebrarase unha conferencia de Alonso Montero e presentarase un libro de Afonso Vázquez-Monxardín.