O deporte centra o vixésimo Encontro para a Normalización

Celebrarase hoxe e mañá no Consello da Cultura Galega


Hoxe e mañá • Consello da Cultura Galega • Desde as 16 horas • A lingua e o deporte teñen moito que ver coa identidade. Por esta razón, por primeira vez, o Consello da Cultura Galega dedícalle á práctica deportiva o seu Encontro para a Normalización Lingüística, que se celebrará hoxe e mañá. ¿Fala galego o deporte? Esa será unha das preguntas que tratarán de contestar os protagonistas, tanto profesionais como afeccionados, ademais de persoal do eido educativo e comunicativo.

O arranque será esta tarde cun relatorio contextualizador a cargo do profesor da Universidade da Coruña Gregorio Ferreiro. Despois chegará un dos pratos fortes, a mesa do deporte profesional, na que participará o porteiro do Celta Sergio Álvarez, o xogador profesional internacional de squash Borja Golán, o ex-ciclista Ezequiel Mosquera e a ex-presidenta da Federación Galega de Taekwondo Mercé Barrientos. Despois tomará o relevo o deporte de base tradicional.

A segunda xornada xa comezará pola mañá e abordará a conexión do deporte co ensino e coa educación. O peche será festivo. Ás 17.20 horas conmemorarase o vixésimo aniversario dos Encontros, coa intervención de Rosario Álvarez, actual directora do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e vicepresidenta do CDG, e de Henrique Monteagudo, promotor da actividade. Ás 19.20 horas actuará ademais Federico Pérez.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O deporte centra o vixésimo Encontro para a Normalización