Biografía de María Victoria Moreno

La Voz

SANTIAGO

13 mar 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

20 horas • Librería Couceiro • Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre presentan esta tarde María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito (Xerais), unha biografía da autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. As escritoras estarán acompañadas pola xornalista de La Voz de Galicia Tamara Montero e por Manuel Bragado. Trátase dun traballo con frecuentes contextualizacións da época, como o mercado negro na posguerra ou o que significaba reivindicar liberdades na ditadura franquista, ademais de percorrer os seus principais fitos vitais e literarios.