A biblioteca Ánxel Casal lembra a Rosalía e novo número de «Follas Novas»

La Voz

SANTIAGO

21 feb 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

As actividades en torno ao aniversario do nacemento de Rosalía multiplícanse. Durante toda a semana, os usuarios da biblioteca Ánxel Casal atoparán versos soltos da poetisa. Ademais, o sábado, ás 12 horas, haberá unha sesión de contacontos dedicada a súa figura a cargo de Servando Barreiro.

Por outra banda, hoxe, ás 20 horas, na Casa-Museo de Rosalía preséntase o segundo número de Follas Novas,a nova revista de estudos rosalianos editada por esta institución.