Xosé Constenla gaña o Ramón Piñeiro de ensaio cunha obra sobre o colapso territorial

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A obra do xeógrafo compostelán impúxose aos outro catro traballos que se presentaron ao galardón 

29 dic 2017 . Actualizado a las 17:59 h.

O xeógrafo compostelán Xosé Constenla ven de gañar a décimo sétima edición do premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra O colapso territorial de Galicia. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, que se impuxo ás outras catro presentadas no certame. O fallo foi dado a coñecer hoxe polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen subliñou que este premio naceu no ano 2000 en memoria do escritor, filósofo e galeguista que lle dá nome. Convocado pola Xunta e pola editorial Galaxia en colaboración con Gas Natural Fenosa, está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra.

O xurado destacou «a fonda elaboración teórica que logra demostrar a necesidade dunha lectura xeográfica da realidade» na obra presentada polo doutor en Xeografía, profesor universitario e cantautor que se fixo co galardón.