A mostra máis ampla de Castelao, en Bonaval

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Serviu para conmemorar o 50 cabodano do histórico galeguista cunha mostra sobre a produción artística e escrita

06 dic 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

A conmemoración hai 17 anos do 50 cabodano de Castelao concluía en Santiago coa inauguración da exposición máis ampla que se tiña feito sobre a produción artística e escrita do artista e político galeguista nado en Rianxo e cuxos restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval. Precisamente, ao pé do seu sartego mostrábanse unhas duascentas pezas, moitas inéditas para o público por estaren en coleccións particulares. Organizada polas fundacións Castelao e Caixa Galicia, o conxunto aportaba unha visión da súa traxectoria vital e creadora.