Pesar polo pasamento do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño

La Voz

SANTIAGO

ALVARO BALLESTEROS

A súa capela ardente instalábase hai quince anos no Salón Teatro, onde foi despedido por representantes de distintos ámbitos sociais, culturais e políticos

12 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Galicia perdía hai quince anos a un dos seus grandes dramaturgos, o compostelán Roberto Vidal Bolaño. O pesar pola súa morte estendeuse maís aló do mundo teatral galego, ao que entregou en corpo e alma dende a súa xuventude.

A súa capela ardente instalouse no Salón Teatro, pola que pasaron durante as primeiras horas para darlle o último adeus non só actores e actrices, senón tamén críticos, programadores, técnicos, costureiras, intelectuais e políticos, ademais de amigos e veciños. Dende o Concello indicaban que coa perda de Vidal Bolaño «a paisaxe de Compostela queda máis baleira e triste». Tamén Compostela Monumental, entre outros colectivos, amosaba o seu pesar.