Feiraco homenaxeará a Carlos Casares cunha edición especial dun millón de envases de leite

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

O frontal leva integrada un retrato do autor e a través do código QR do lateral os consumidores poderán descargar unha das súas obras

02 may 2017 . Actualizado a las 18:36 h.

Un millón de Carlos Casares entrarán nos fogares galego de mans de Feiraco, agora integrada en Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Será a través dunha edición especial dun millón de envases que levarán no seu frontal a reproducción dunha ilustración orixinal cun retrato do autor homenaxeado nas Letras Galegas e un código QR, situado no lateral do envase, co que os consumidores poderán descargar unha das obras de Casares. Tanto a ilustración como a obra -que estará dispoñible ao longo do mes de maio- foron cedidas pola Fundación Carlos Casares, depositaria do legado do escritor e editor.

Ademais, Feiraco ten en marcha a sexta edición do seu certame de microrrelatos. Para participar hai que enviar antes do 17 de maio un texto dun máximo de 500 caracteres que debe comezar pola frase E alí estaba, sentado nun sillón azul, que no seu día escribiu Carlos Casares.