Faleceu en Brasil o barcalés Álvaro Barreiro Luaña

Deixa tras de si unha extensa obra no eido da teoloxía


Negreira / La Voz Santiago / La Voz

O escritor e catedrático de Historia, X. Amancio Liñares Giraut, lembra a figura esencial do pai xesuíta Álvaro Barreiro Luaña, finado o pasado 17 de xullo, aos oitenta anos de idade, nunha residencia dos xesuítas en Belo Horizonte (Brasil). Máis coñecido por Varocho, naceu o 12 de xuño de 1936 na parroquia de Logrosa e foi ordenado no verán de 1967. Para Amancio «é desas poucas amizades fondas, de verdade, que duran toda unha vida e que xeran unha dor e un baleiro coa súa ausencia».

Varocho deixa tras de si unha extensa obra no eido da teoloxía. Un home relixioso e de gran valía humana e intelectual que o converten nun dos fillos ilustres das terras do Val de Barcala. Segundo Amancio Liñares: «Pódese afirmar, sen dúbida, que pola súa rexa formación e polas súas achegas foi o barcalés máis significado nesta disciplina ao redor de Deus. Os seus libros estúdanse nos centros teolóxicos e lense en moitos encontros», indicou Liñares Giraut, quen salienta que posuía unha intelixencia e máis unha formación académica «fóra do común», pois «era políglota», e tanto podía expresarse fluidamente en portugués, galego, castelán, francés, inglés, italiano ou alemán. «Por suposto, tamén sabía latín. Un home moi relixioso, e tamén por iso fondamente comprometido co ser humano e coa busca dun mundo mellor».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Faleceu en Brasil o barcalés Álvaro Barreiro Luaña