Será «un centro de educación activa», agrega. La base científica de Montessori significa que «o profesorado-guía temos que preparar uns ambientes adecuados para cada nivel de desenvolvemento. Promovemos unha aprendizaxe máis interdisciplinar. O alumnado vai chegando ao currículo de forma integrada, non por seccións independentes; está todo conectado», explica.
Mezclar edades
Contemplan además que en el aula esté mezclado alumnado de diferentes edades: «Iso é tamén moi importante, e máis parecido á vida; sobre todo en primaria. Nenas e nenos están xuntos, colaboran, aprenden en grupo e con idades diferentes. Os pequenos aprenden dos grandes, senten que eles cando sexan máis grandes tamén poderán facer o mesmo; porén, non é unha sensación de competitividade, entenden que pasiño a pasiño van chegar a esa aprendizaxe coa idade. E para o alumnado máis grande, o compartir con nenas e nenos máis pequenos é unha axuda para sistematizar o que xa coñece, pór orde no que xa aprendeu; iso fortalece a comprensión do que adquiriu», sostiene.