-Despois desta novela longa, ¿deixará o teatro?
-Non, pero depende un pouco da historia que veña, porque hai historias que encaixan no teatro, nunha narración breve ou se alongan. Esta historia ía ser un conto breve, ía liquidalo en 15 páxinas, pero a historia tirou de min e dinme conta que necesitaba máis espazo. Ao final, foron case 300, foise desenvolvendo a medida que a historia o ía pedindo.
-Fala de historias, ¿onde busca as referencias para as súas creacións?
-Moitas veces na prensa, porque os xornais recollen moitas historias, algunhas ben curiosas.