A Mesa ve no informe do Consello de Europa a fin do decreto do galego

Elisa Álvarez González
Elisa Álvarez SANTIAGO

SANTIAGO

A entidade proporá mocións en todos os concellos para derrogar a norma do plurilingüismo

26 ene 2016 . Actualizado a las 09:53 h.

O informe do comité de expertos do Consello de Europa no que se di que o decreto do plurilingüismo entra en contradición coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias demostra para A Mesa pola Normalización que «o decreto está chegando ao seu fin». O presidente desta entidade, Marcos Maceira, confía en que o 2016 por fin «se converta no ano do galego».

Maceira cre que é o momento de que a sociedade volva a converterse en protagonista polo que proporá mocións en todos os concellos para instar á Xunta a elaborar un novo decreto no ensino e mentres derrogar os artigos do actual que limitan o uso do galego a un terzo do horario lectivo.

As mocións que se aproben así como todos os acordos de entidades galegas no mesmo sentido levaranse a Estrasburgo en marzo. A Mesa destacou como non hai ningunha institución a favor do decreto da lingua no ensino, e puxo como exemplo a Real Academia, o Consello da Cultura Galega ou as confederacións de ANPA.