Salvo el PP, las demás formaciones cuestionan los recortes en servicios

x.r. santiago / la voz

SANTIAGO

El acento de la controversia está en la sanidad, la educación y las pensiones

13 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Los servicios públicos pasaron también por el tamiz de las valoraciones de los candidatos.

CARLOS CALLÓN (NÓS-CG)

«Acabar co repagamento». Estamos a padecer nestes anos un goberno de recortes para as persoas e o deterioro dos servizos públicos fundamentais, que padecen tamén os veciños de Santiago. Nós sempre imos votar, non con disciplina de partido senón de país, a favor dos intereses dos galegos para solventar estes problemas. Reclamamos os recursos suficientes, unha Facenda pública galega para garantilo: que haxa así residencias para a terceira idade, centros de día, etcétera. Hai que terminar co repagamento que hai agora. A Xustiza non está ben dimensionada en Santiago. Hai demandas unánimes no Social e no Contencioso, e aquí o criterio non debe ser a poboación, senón a capital de Galicia. Falta vontade política.

marta gonzález (pp)

«Ampliar as pensións». Non falta vontade política, senón cartos, que non había ao rematar o 2011 porque estabamos ao borde da quebra. Non fomos ao rescate como en Portugal ou Grecia, agás na parte bancaria. É evidente que houbo que facer recortes e axustes, e conseguimos manter o substrato dos servizos esenciais públicos en educación, sanidade gratuíta e pensións. O PSOE conxelounas, pero nós decidimos amplialas todos os anos un pouco, porque en determinados momentos foron o sustento das familias, e eran prioritarias. España gasta 125.000 millóns de euros en pensións cada ano. As prioridades do Goberno teñen sido o emprego e a preservación dos servizos públicos fóra dos copagos.

gonzalo diz (Psoe)

«O maior deterioro». Os servizos públicos sufriron o maior deterioro desde que o PSOE creou o estado do benestar. Aquí se utiliza como escusa a crise para un programa de recortes ultraliberal, que aínda seguen. Hai 800 médicos menos no último ano en Galicia e o PP non destinou en Santiago nin en Galicia nin un só euro para o mantemento dos colexios públicos. Os recortes de Zapatero non incidiron na sanidade nin na educación e conxeláronse as pensións despois de facer a maior subida delas na historia do país. Si houbo un rescate, e se non foi maior foi grazas ás medidas de Zapatero. O PP sube as pensións, e logo tira da mesma caixa das pensións para inducir a contratar plans de pensións privadas.

xaime subiela (en marea)

«Xente tirada». En Mareas estamos de acordo en demandar cuestións fundamentais como pan, traballo e teito. Chéganos con que os servizos públicos sexan públicos e a Xustiza sexa xusta. Con cousas básicas xa nos chega. Pero iso non sucede. Hai degradación e abandono nos servizos públicos e hai un negocio, porque o que se deixa de dar vai adiante pola vía da privatización directa ou é derivado a alternativas privadas. Iso é letal para o ámbito público. Rescatamos bancos e deixamos á xente tirada que o está pasando moi mal. Hai que rescatar á xente. Na reforma da Constitución faise preciso incorporar eses dereitos básicos e tamén é necesario que os Concellos poidan desenvolver servizos sociais.

C. Callón. ¿Falta diñeiro? Os técnicos din que se se perseguira o fraude fiscal ingresariamos 10.000 millóns cada ano. E poderíanse acometer con iso moitas iniciativas en Santiago.

M. González. No 2011 se perderon de recadación pública 80.000 millóns. O rescate bancario é rescate á cidadanía, porque todos temos unha conta bancaria.

G. Diz. O CHUS é fundamental para Santiago, con calidade nos postos de traballo, hai catro anos do centro de Galeras e non sabemos nada do de Conxo.

X. Subiela. Rescatamos a Rodrigo Rato e a quen nos trouxo a esta situación. Estamos nunha emerxencia social e, máis que en obras, hai que investir en persoas.

«A Xustiza non está ben dimensionada en Santiago e falta vontade política para solventar o problema»

Carlos Callón

«Fixemos recortes e axustes, pero conseguimos manter os substratos dos servizos esenciais»

Marta González

«O PP non destinou un só euro nin en Santiago nin en Galicia para o mantemento dos colexios públicos»

Gonzalo Diz

«Pedimos cuestións esenciais como pan, teito e traballo. E que os servizos públicos sexan públicos»

Xaime Subiela

la campaña del 20D